Pasar al contenido principal

O domingo remata o prazo para inscribirse nas xornadas gratuítas ‘Mulleres que coa ciencia crean empresas’

O domingo remata o prazo para inscribirse nas xornadas gratuítas ‘Mulleres que coa ciencia crean empresas’
O domingo remata o prazo para inscribirse nas xornadas gratuítas ‘Mulleres que coa ciencia crean empresas’

Do 15 ao 17 de xuño terán lugar en Santiago as xornadas formativas de verán Mulleres Universitarias e Empresarias que baixo o lema ‘Mulleres que coa ciencia crean empresas’ tratarán a relación entre ciencia, xénero e emprendemento universitario.

A USC e o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades organizan este encontro de carácter gratuíto que se estrutura en tres xornadas seguidas pero independentes. Neste senso, no formulario de inscrición poderá solicitarse reserva de prazas en todas as xornadas ou naquelas que susciten un interese concreto. A data límite para formalizar a inscrición remata este domingo 5 de xuño.

No edificio Emprendia da USC, o programa de intervencións agrupa dous bloques que abordarán distintos puntos de vista implicados na temática. Por unha banda, participarán científicas que aludirán á igualdade e á transversalidade de xénero na investigación e como ten repercutido na definición dunha ciencia sesgada, para homes e mulleres. Por outra, partindo do sesgo androcéntrico do emprendemento, o programa proporá traballar obradoiros prácticos de creación de empresas que xorden do coñecemento, coa particularidade das spin-off académicas promovidas por mulleres.

Presentaranse ademais o proxecto EnRed 8.3, resultado á súa vez de Innovatia 8.3 e que avanza na etapa de desenvolvemento e consolidación das empresas de base tecnolóxica, e o programa específico de Amadrinamento no que mulleres expertas se prestan a facer labores de mentoría a emprendedoras afilladas coa meta común de conseguir empresas de valor, responsables e consolidadas no tempo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.06.2016.