Pasar al contenido principal

Universidades e asociacións empresariais da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal analizan posibilidades de cooperación en transferencia tecnolóxica

Universidades e empresas buscarán puntos de encontros para a transferencia de tecnoloxía na primeiro edición da Xornada de Transferencia de I+D+i nas universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que se celebrará este martes 7 a partir das 10.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Na inauguración intervirán a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, e o director da Fundación CEER, Rubén C. Lois.

A xornada organizada pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), contará coa asistencia de representantes das áreas técnicas de transferencia de I+D+i das universidades da Coruña, Vigo, Santiago, Porto, Minho e Trás-os-Montes e Alto Douro. Tamén asistirán representantes de empresas e asociacións da Eurorrexión, entre eles a Asociación Industrial do Minho, a Asociación Empresarial de Portugal, o grupo Rodman e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Na sesión de clausura, prevista para as 13.30 horas, está prevista a asistencia do presidente da Cámara de Comercio compostelá, Jesús Asorey Carril, e o secretario xeral do CEER, José Alberto Vieira Rio Fernandes.

Ligazóns relacionados:

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.06.2016.