Pasar al contenido principal

Visitas guiadas gratuítas ao Arquivo Histórico Universitario

Visitas guiadas gratuítas ao Arquivo Histórico Universitario
Visitas guiadas gratuítas ao Arquivo Histórico Universitario

Con motivo do Día Internacional dos Arquivos, este xoves 9 o Arquivo Histórico Universitario ofrece dúas visitas guiadas abertas a toda a comunidade universitaria e a calquera público interesado en coñecer as instalacións, as tarefas que aí se desenvolven e os fondos documentais que se custodian, organizan e serven.

Ás 11.00 horas será a primeira visita, e ás 17.00 horas a segunda, cunha duración aproximada de unha hora e media. Non é necesario ningún tipo de rexistro previo malia que o número máximo de prazas por visita será de vinte e cinco por rigorosa orde de chegada.

Para calquera consulta sobre as visitas está dipoñible o teléfono 881812896.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.06.2016.