Pasar al contenido principal

Constituídas as comisións de Servizos e Proxección Social, e de Investigación, Transferencia e Innovación do Campus Terra

Reunión de integrantes da comisión de Servizos e Proxección Social do Campus Terra da USC
Reunión de integrantes da comisión de Servizos e Proxección Social do Campus Terra da USC

Os vicerreitores de Servizos Universitarios e de Densenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de de Lugo, Carme Silva Domínguez e Andrés Barreiro Lois, respectivamente, presidiron este mércores as reunións constitutivas das comisións de Servizos e Proxección Social, e de Investigación, Transferencia e Innovación do Campus Terra da USC.

A constitución destas dúas novas comisións, unidas á xa creada comisión de Docencia, completan a creación dos órganos de asesoramento á gobernanza do Campus Terra da USC en materia de ensino e docencia, servizos e proxección social, así como no que atinxe a investigación, transferencia e innovación. Integrantes da comisión de Investigación, Transferencia e Innovación do Campus Terra da USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.11.2016.