Pasar al contenido principal

Comezou en Matemáticas un ciclo de charlas informativas sobre mobilidade Erasmus+

O Servizo de Relacións Exteriores da USC comezou este mércores cunha serie de charlas informativas sobre Mobilidade Erasmus+ para grao e masters de máis de 60 créditos ECTS para o vindeiro curso 2017-2018. A convocatoria publicarase este mes e estará aberta ata mediados de xaneiro.

Como o ano pasado, estes encontros desenvolveranse en diversos centros dos campus de Santiago e Lugo ata comezos de decembro e diríxense a estudantado de titulacións con certas similitudes, aínda que se pode asistir a calquera delas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.11.2016.