Pasar al contenido principal

Expertos internacionais recomendan mellorar o coñecemento sobre pesca marítima recreativa

O grupo de 40 expertos internacionais reunidos esta fin de semana en Vigo nunha xornada sobre pesca recreativa en el litoral Atlántico Ibérico co organizada pola USC coincidiu na urxencia de incrementar as investigacións sobre a bioloxía das especies capturadas polos pescadores recreativos nesas. Ademais, recomendan analizar en detalle a importancia económica dun sector recreativo que anualmente xera en España e Portugal 360 millóns de euros.

Nas costas europeas hai preto de 10 millóns de pescadores recreativos que gastan anualmente 6.000 millóns de euros na súa actividade. Só en Galicia, a Consellaría do Mar emitiu o pasado ano máis de 60.000 licencias para o que é unha das formas más importantes de uso do litoral na nosa comunidade.

Diante destas cifras, os expertos mostráronse partidarios de fomentar o asociacionismo e a formación dos pescadores recreativos para incrementar iniciativas de colaboración con científicos e diminuír os conflitos con outros usuarios dos ecosistemas costeiros. Á súa vez, recomendan revisar o actual marco normativo, harmonizar o réxime de obtención de datos da actividade e incrementar a participación dos pescadores na toma de decisións sobre a sú actividade.

O obradoiro estivo organizado ademais polas Universidades de Minho e Aveiro, a Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo, WWF-ESPAÑA, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas e o International Forum for Sustainable Underwater Activities. Contou tamén co apoio da Xunta de Galicia, a Confederación Española de Pesca Recreativa Responsable e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.11.2016.