Pasar al contenido principal

O Espazo de Danza da USC súmase á iniciativa ‘Lugo en Negro’ contra a violencia de xénero

Intervención coreográfica na luguesa Praza de San Marcos
Intervención coreográfica na luguesa Praza de San Marcos

O Espazo de Danza da USC sumouse este mércores á iniciativa ‘Lugo en Negro’, unha proposta contra a violencia de xénero promovida pola Fundación TIC, coa representación dunha coreografía na luguesa Praza de San Marcos, no marco dun acto público previo ao comezo da marcha ‘En camiño contra a violencia’, un xesto colectivo de apoio ás vítimas deste tipo de violencia.

A intervención desenvolvida polo Espazo de Danza da USC neste acto é autoría de Rosa Acuña e contou coa dirección de Juan Carlos Zahera. Vicente Ávila, Sara Domingo, Álvaro Rodríguez e Sonia López, ademais violoncellista Paula López, completan o elenco de artistas que tomaron parte nesta intervención.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.11.2016.