Pasar al contenido principal

Xornada de presentación das publicacións técnicas do Issga no sector agrario na Escola Politécnica Superior

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) celebrará este mércores, a partir das 10.00 horas, na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, unha xornada de presentación á comunidade universitaria das publicacións técnicas no sector agrario.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a directora do Issga, Adela Quinzá-Torroja, e o presidente da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, Juan Mariñas, abrirán a xornada cun breve acto institucional, tralo que comezará a quenda de relatorios programada. A temática das intervencións previstas nesta xornada, que se prolongará que en quenda de mañá, de 10.00 a 12.00 horas, abrangue desde a presentación das publicacións técnicas do Issga no sector agrario, ata os atendo Issga en materia de prevención de riscos en actividades agrogandeiras e as actuacións do Issga en prevención de riscos en actividades vitivinícolas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.11.2016.