Pasar al contenido principal

O Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación contará o próximo curso co patrocinio da GAIN

O máster en Desenvolvemento Económico e Innovación da USC (DEIN) incorporará para o vindeiro curso académico o patrocinio da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o que permitirá ofertar dez bolsas de axuda á matrícula para estudantes de novo acceso.

A edición correspondente ao presente curso, con alumnado de ata sete países diferentes, acaba de finalizar o seu período académico coa defensa dos Traballos Fin de Máster. Os traballos tiñan como eixo temático cuestións relativas ao estudo das unidades mixtas de investigación, o fenómeno do coworking, os novos métodos de financiamento, a compra pública innovadora ou as cadeas globais de valor, entre outros. O máster DEIN está orientado á formación de recursos humanos altamente cualificados para o deseño e xestión de proxectos de I+D+i, así como do deseño e xestión de políticas e proxectos de desenvolvemento local, rexional ou sectorial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.07.2016.