Unha tese analiza novas aplicacións no tratamento de lesións periodontais

A tese de Eustolia Rodríguez Velázquez ‘2D and 3D biomaterials produced from natural polymers with potential applications for bone regeneration in the treatment of periodontal lesions’ acaba de ser recoñecida coa máxima cualificación, sobresaliente cum laude. Dirixiron esta tese os profesores da USC David Suárez Quintanilla, catedrático de Ortodoncia, e Pablo Taboada Antelo, do da área de Física da Materia Condensada; e Manuel Alatorre Meda, investigador do Instituto Tecnolóxico de Tijuana.
Como explica a súa autora, a investigación é un traballo multidisplinar e pioneiro que representa un importante avance científico no campo da rexeneración ósea maxilofacial e abre novos camiños para o tratamento da enfermidade periodontal e a súa principal consecuencia, a perda de soporte óseo dos dentes. Avalado por publicacións en revistas de alto índice de impacto, os seus responsables agardan que da investigación se deriven no futuro en solicitudes de patentes.
A autora cos seus directores e os integrantes do tribunal que avaliaron a investigación como cum laude