Pasar al contenido principal

Investigadores do Campus Terra da USC apoian a delegación luguesa desprazada a Italia no marco do Life ‘Lugo+Biodinámico’

Delegación luguesa desprazada a Italia ao abeiro do programa Life 'Lugo+Biodinámico', nas instalacións dunha empresa do sector da madeira
Delegación luguesa desprazada a Italia ao abeiro do programa Life 'Lugo+Biodinámico', nas instalacións dunha empresa do sector da madeira
O vicerreitor Andrés Barreiro e o director de Pemade, Manuel Guaita, están a visitar, xunto con representantes políticos e empresarios lugueses, firmas madeireiras en Italia

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo, Andrés Barreiro, o tamén profesor e director da Plataforma da Madeira Estrutural (Pemade), ademais doutros investigadores da USC, forman parte da delegación luguesa desprazada a Italia no marco do proxecto europeo ‘Lugo+Biodinámico’.

Este programa Life, liderado polo Concello de Lugo, que encabeza unha candidatura da que tamén forman parte a Deputación Provincial, a USC, especialmente a través e centros docentes e plataformas de investigación radicadas no Campus Terra, e a Universidade Politécnica de Madrid, conta con fondos por un importe de 3,5 millóns de euros para desenvolver novas actuacións en favor dun urbanismo sostible e dun mellor aproveitamento da riqueza forestal, a nivel económico e ambiental. A delegación lucense, que está encabezada pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aproveitará a súa estadía en Italia para coñecer modelo produtivo que rexe o sector madeireiro en Italia, ao tempo que visitarán varias empresas que utilizan a madeira como material construtivo, tales como LignoAlp, en Bressanone; Rothoblaas, en Salorno. A comitiva luguesa tamén visitará un aserradoiro en Val di Fiemme e o centro X-Lam Dolomiti, ademais de dúas obras en construción en Ivalsa e Bérgamo. O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Concello de Lugo, Daniel Piñeiro; técnicos da empresa pública municipal Evislusa; a Deputada provincial de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo; o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois; o director de Pemade, Manuel Guaita, e outros representantes da referida Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural do Campus Terra da USC; Almudena Majano Majano, profesora do departamento de Estruturas da Edificación ETS Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid e representantes das empresas do sector da madeira Finsa e Maderas Besteiro, completan a delegación desprazada a Italia ao abeiro do pograma ‘Lugo+Biodinámico’ O obxectivo desta visita a Italia é o de afondar no coñecemento do sector madeireiro de Itlalia, a fin de poder implementar algunhas das actuacións que alí se desenvolven entre as accións incluídas no proxecto europeo Lugo+Biodinámico e crear así emprego a través da diversificación da produción forestal, a través do uso deste material na construción. O Concello de Lugo, sinalou Méndez, busca fomentar un tecido produtivo que dinamice a economía e cree emprego baseado no uso da madeira como elemento estrutural de construción. “Estamos diante dunha nova oportunidade económica e de emprego que debemos aproveitar tendo en conta a gran riqueza coa que contamos neste eido”, dixo. Edificio con consumo cero O proxecto Lugo+Biodinámico contempla entre as súas accións, que se prolongarán ata mediados de 2020, a construción dun edificio piloto en madeira con consumo enerxético cero. Esta nova edificación, que estará emprazada no lugués polígono das Gándaras, recibirá o nome Impulso Verde e as súas instalación serán a sede dun centro de referencia de formación e divulgación polo clima. En base ás experiencias xeradas arredor do deseño e da construción deste edificio, tarefas nas que se prevé unha alta implicación dos investigadores do Campus Terra da USC, o Concello busca impulsar unha actividade empresarial relacionada e que aposte pola utilización da madeira como elemento estrutural construtivo, sinalou o edil Daniel Piñeiro. Integrantes da delegación luguesa desprazada a Italia co programa Life 'Lugo+Biodinámico'

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.07.2016.