Pasar al contenido principal

Unha delegación da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita as instalacións da Estación Científica do Courel

Membros da AAAAUSC, na Estación Científica do Courel
Membros da AAAAUSC, na Estación Científica do Courel

A Estación Científica do Courel recibiu esta fin de semana a visita dunha delegación formada por uns 15 integrantes da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC), que estiveron acompañados da vogal deste colectivo no campus de Lugo, a catedrática da USC Julia Melgar Riol.

O director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro, foi o encargado de dar a benvida á comitiva de visitantes, aos que, logo de explicarlles os cometidos que desenvolve este centro da USC, acompañou durante un percorrido guiado polas distintas dependencias da Estación Científica do Courel. Un relatorio sobre plantas medicinais no Courel, a cargo da licenciada en Farmacia María Moure Oteyza, e outra charla sobre os bosques courelás, ofrecida polo director da estación e catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC, Antonio Rigueiro Rodríguez, completaron a programación dunha visita que rematou cun almorzo de confraternidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.11.2016.