Pasar al contenido principal

De entre as mil universidades máis importantes do mundo, o ránking CWUR sitúa a USC na posición 393

Vista aérea do complexo formado pola Reitoría da USC e o Colexio de Fonseca
Vista aérea do complexo formado pola Reitoría da USC e o Colexio de Fonseca

De entre as mil universidades máis importantes do mundo, a de Santiago ascende ao posto 393, segundo os datos do Center for World University Rankings (CWUR), que acaba de facer público a actualización do seu ránking. Esta posición sitúa a USC como a oitava máis importante de España no grupo que lidera a Universidade de Barcelona e á que lle segue a Autónoma de Barcelona, Complutense, Valencia, Autónoma de Madrid, Navarra e Pompeu Fabra.

O CWUR preséntase como o “único ránking universitario mundial que mide a calidade da educación e a formación do estudantado, así como o prestixio do seu persoal docente e investigador e a calidade das súas investigacións, sen depender de enquisas e a presentación de datos da Universidade”.

Para a súa elaboración CWUR utiliza “oito indicadores obxectivos e robustos”, como son calidade da educación (25%), empregabilidade de ex alumnado (25%), calidade docente(25%), publicacións (5%), influencia (5%), citacións (5%), impacto (5%) e patentes (5%). Así, tómase en consideración o número de alumnado universitario e de docentes ou investigadores que teñen gañado algún premio ou recoñecemento internacional; o ex alumnado que ocupa posicións como CEO en compañías internacionais destacadas; o número artigos de investigación en xornais de alto impacto e os máis citados; o índice h correspondente á cada universidades ou o número de solicitudes de patente internacional.

Os aspectos nos que a USC acada mellor valoración son os de solicitudes de patentes, calidade docente, impacto investigador, publicacións ou calidade da educación. O valor cuantitativo atribuído a cada institución é de 45,37 no caso da USC, semellante ao da Universidade Pompeu Fabra e moi preto de Navarra (45.85).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.07.2016.