Pasar al contenido principal

Xornada técnica de presentación da tecnoloxía ultravioleta Surepure na Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias

Participantes nas sesións prácticas desenvolvidas na planta piloto da APLTA
Participantes nas sesións prácticas desenvolvidas na planta piloto da APLTA

As instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC acubillaron este xoves unha xornada técnica para a presentación da tecnoloxía ultravioleta Surepure. As sesións prácticas desta actividade formativa, organizada pola Aplta en colaboración coas empresas Atlántica S.L e Surepure AG Suíza, desenvolvéronse na planta piloto do centro universitario, mentras que as sesións teóricas tiveron lugar na sede do Centro Tecnolóxico Agroalimentario (Cetal).

A xornada, que volveu completar todas as prazas ofertadas, comezou cun breve acto de inauguración no que participaron o director da Aplta, Enrique Arbones, o director da empresa SurePure, Guy Kebble, e Paz Capell, relacións internacionais da empresa Atlántica S.L. A xornada de carácter técnico versou de xeito monográfico sobre a tecnoloxía de desinfección por raios ultravioleta desenvolvida pola empresa SurePure AG Suíza e xa patentada a nivel mundial. Esta tecnoloxía, representada en España e Portugal pola empresa Atlántica S.L. ten múltiples aplicacións no ámbito alimentario. De feito, este sistema de desinfección pode aplicarse a zumes, produtos lácteos, cervexa ou, entre outros, sidra. Arbones, Kebble e Capell, na apertura da xornada

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.09.2016.