Pasar al contenido principal

As III Xornadas de Arqueometría en Galicia dedícanse á reconstrución dos períodos medieval e posmedieval

A terceira edición das Xornadas de Arqueometría en Galicia –que se desenvolverán os días 30 de setembro e 7 de outubro– centrarase na divulgación científica e ensinanza de procedementos de reconstrución dos períodos medieval e posmedieval baseados en estudos interdisciplinares que combinan a arqueoloxía, a historia e a arqueometría.

A desenvolver no Paraninfo da Universidade, estas xornadas diríxense a estudantes de arqueoloxía (grao, máster e doutoramento) e especialistas en patrimonio cultural. Para participar deben inscribirse antes deste venres a través do formulario do web, que deberán enviar a arqueogaliciajornadas [at] wikipot.com (mailto:arqueogaliciajornadas[at]wikipot[dot]com).

Este encontro científico está coordinado polos profesores Marco García Quintela, Antonio Martínez Cortizas e Pilar Prieto Martínez e é unha acción desenvolvida e financiada no marco do grupo de investigación Síncrisis e a Rede Consiliencia, ademais do proxecto ‘Tecnoloxía e produción da cerámica medieval de Galicia’ coa colaboración de GalicianArchaeoPot.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.09.2016.