Pasar al contenido principal

A USC abre ao alumnado a inscrición para o Proxecto Mentoring de desenvolvemento profesional

Momento da clausura da primeira edición do Proxecto Mentoring
Momento da clausura da primeira edición do Proxecto Mentoring

Logo dos bos resultados da primeira convocatoria do Proxecto Mentoring USC de Desenvolvemento Profesional, este luns 26 abre ata o 2 de outubro un novo prazo de inscrición para todo aquel alumnado que cumpra os requisitos.

Esta iniciativa proxecto pon en contacto o alumnado de máster, graduados/as de último curso e titulados/as recentes con directivos/as e profesionais de empresas, coa fin de orientalos e apoialos na busca de emprego e no desenvolvemento do seu proxecto profesional. A figura do mentor ten como obxectivo potenciar a empregabilidade dos alumnos, poñendo en valor os seus coñecementos e experiencias e permitindo deste modo o seu crecemento profesional e o desenvolvemento do talento.

Na convocatoria deste ano o programa inclúe unha oferta formativa dirixida ao alumnado que ten como finalidade potenciar a adquisición de competencias profesionais e mellorar a preparación para abordar o inicio ao mercado laboral.

O programa Mentoring, impulsado pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, contará con moitos dos profesionais que participaron o curso pasado á vez que incorporará novos mentores de diversos ámbitos.

O alumnado interesado pode obter máis información a través da Área de Orientación Laboral da universidade no teléfono 881 812 853.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.09.2016.