Pasar al contenido principal

Quedan catro días para inscribirse no Proxecto Mentoring de desenvolvemento profesional

Logo dos bos resultados da primeira convocatoria do Proxecto Mentoring USC de Desenvolvemento Profesional, a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social abriu ata este domingo 2 un novo prazo de inscrición para todo aquel alumnado que cumpra os requisitos.

Esta iniciativa pon en contacto o alumnado de máster, graduados/as de último curso e titulados/as recentes con directivos/as e profesionais de empresas, coa fin de orientalos e apoialos na busca de emprego e no desenvolvemento do seu proxecto profesional. A figura do mentor ten como obxectivo potenciar a empregabilidade dos alumnos, poñendo en valor os seus coñecementos e experiencias e permitindo deste modo o seu crecemento profesional e o desenvolvemento do talento.

Na convocatoria deste ano o programa inclúe unha oferta formativa dirixida ao alumnado que ten como finalidade potenciar a adquisición de competencias profesionais e mellorar a preparación para abordar o inicio ao mercado laboral. Ademais, contará con moitos dos profesionais que participaron o curso pasado á vez que incorporará novos mentores de diversos ámbitos.

O alumnado interesado pode obter máis información a través da Área de Orientación Laboral da universidade no teléfono 881 812 853.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.09.2016.