Pasar al contenido principal

O club de lectura @Nas Marxes abre este venres a tempada cunha reflexión sobre a segregación social no espazo urbano

A Biblioteca Concepción Arenal retomará este venres 30 o club de lectura universitaria @Nas Marxes, abrindo esta tempada coa obra de Markus Vorauer Las 3000: segregación social en el espacio urbano. Para poder participar, as persoas interesadas poden apuntarse na propia biblioteca ou no enderezo derprest [at] usc.es (derprest[at]usc[dot]es) co único requisito de pertencer á comunidade universitaria da USC.

Esta obra adianta as complexidades das novas formas de segregación que se están a dar xunto ás variantes e o crecemento das desigualdades sociais. O libro estuda 3000, zona residencial do distrito sur de Sevilla, unha construción urbanística comparable con outros exemplos como as Hoovervillage norteamericana ou o complexo Pruitt Igoe.

O club
O Club de lectura @nas marxes nace do desexo da Biblioteca de fomentar a lectura na contorna universitaria e está conformado por integrantes da comunidade universitaria da USC que len o mesmo libro ao mesmo tempo para, no último venres de cada mes, participar en sesións de dúas horas de duración e comentalo.

Como indican os seus promotores, as lecturas a compartir serán sempre textos críticos, entendidas como lecturas de emerxencia e urxencia que dean pé ao debate, o diálogo ou a reflexión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.09.2016.