Pasar al contenido principal

A Conferencia de Reitores de Universidades Españolas reúnese en Compostela

Este mércores 28 celebra a súa Asemblea Xeral no Centro de Estudos Avanzados

A Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) reúnese este mércores 28 e o xoves 29 no Centro de Estudos Avanzados da USC (CEA). O programa para este mércores comezará ás 16.30 horas coa celebración da súa Asemblea Xeral e continuará cun encontro co Consello de Reitores de Universidades Portuguesas (CRUP). A partir das 18.45 horas intervirá o asesor do Gabinete do Comisario de Educación, Cultura, Xuventude e Deporte da Comisión Europea, Rodrigo Ballester.

Xa o xoves 29, ademais dunha xuntanza do Comité Permanente de CRUE, está prevista a participación dos reitores en Spin 2016, o maior evento iberoamericano de emprendemento universitario que se celebra en Santiago ata o día 1 de outubro.

Constituída en 1994 e formada por un total de 76 universidades españolas, Crue Universidades Españolas é o principal interlocutor das universidades co goberno central e desempeña un papel clave en todos os desenvolvementos normativos que afectan á educación superior en España. Ademais, promove iniciativas de distinta índole co fin de fomentar as relacións co tecido produtivo e social, as relacións institucionais, tanto nacionais como internacionais, e traballa para poñer en valor a universidade española.​

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.09.2016.