Pasar al contenido principal

A Aula de Teatro da USC amplía a inscrición nos talleres de arte dramática e esgrima escénica programados no Campus Terra

Representación teatral da compañía de teatro USC-Lugo
Representación teatral da compañía de teatro USC-Lugo

A Aula de Teatro da USC amplía o prazo de inscrición nos obradoiros de arte dramática e esgrima escénica programados para desenvolver este curso 2016-2017 no Campus Terra da USC, ao tempo que retrasa ao mes de novembro o período habilitado para incorporarse á Compañía de Teatro USC-Lugo.

O prazo de inscrición do obradoiro de arte dramática, unha actividade orientada á participación de calquera membro da comunidade universitaria, así como a outras persoas interesadas en afondar na formación teatral, atendendo pricipalmente ao coñecemento do corpo como ferramenta básica de traballo e á creación de materiais, permanecerá aberto ata o 23 de outubro. As distintas sesións formativas incluídas nesta actividade desenvolveranse todos os luns e mércores e dous martes desde o 2 ao 30 de novembro O talle de esgrima escénica desenvolverase do 14 de outubro ao 23 de novembro. As persoas interesadas en participar nesta actividade ata o 13 de outubro. As persoas que participen tanto no curso de arte dramática como no obradoiro de esgrima escénica, cuxas sesións serán os venres pola tarde, de 19.30 a 22.00 horas, rematarán cada un dos programas formativos con cadansúa intervención no cemiterio municipal. A inscrición na Compañía de Teatro USC-Lugo poderá facerse durante o mes de novembro, do 2 ao 30. Esta actividade, centrada na formación específica dirixida á actuación escénica terá continuidade desde mediados de decembro ata finais de abril de 2017 e rematará coa estrea dunha montaxe teatral e a conseguinte xira. As persoas interesadas en participar en calquera da actividades teatrais ofertadas pola Aula de Teatro do Campus Terra da USC poden obter información máis detallada respecto de prezos, prazos e lugar de inscrición, así como de horarios ou obxectivos de cada unha das actividades na web da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.09.2016.