Pasar al contenido principal

Reunión do Consello de Goberno da USC

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reunirase este martes 5 a partir das 9.30 horas no Colexio de San Xerome para tratar, entre outros asuntos, a aprobación de novos títulos de grao e máster para o curso 2017-2018, así como un novo programa de doutoramento.

Na xuntanza deste órgano de goberno universitario debateranse ademais, e someteranse a aprobación, diversas cuestións de índole laboral de PDI e PAS e académicas de modificación de títulos ou unha proposta de prezos dos servizos de xestión académica para o vindeiro curso. A creación do Centro de Estudos sobre o Sáhara Occidental é outro punto contemplado na orde do día.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.07.2016.