Pasar al contenido principal

Acordos do Claustro universitario

Acordos do Claustro universitario
Acordos do Claustro universitario

O Valedor da Comunidade Universitaria presentou este xoves no Claustro universitario o seu informe correspondente ao curso 2015-2016. Na súa intervención destacou o grao de colaboración de todos os órganos universitarios para o desenvolvemento da súa tarefa á vez que reclamou unha maior implicación do sector do alumnado na Comisión de Asesoramento e Axuda ao Valedor. En torno a esta figura o Claustro acordou modificar o seu Estatuto para incorporar a suplencia temporal no exercicio das súas funcións.

No pasado curso presentáronse un total de 62 queixas, unha cifra sensiblemente inferior á do anterior, das que 49 foron interpostas por estudantes, 11 por persoal docente e investigador, 1 polo persoal de administración e servizos e unha última dilixencia de oficio. A maior parte destas queixas tramitáronse nun prazo dun mes. Con respecto ás temáticas, e sen destacar ningunha de maneira especial, as maiores queixas ou consultas tiñan que ver con matrícula, servizos á comunidade e terceiro ciclo, posgrao e formación continua.

Acordos comisión estatutaria
O Claustro universitario acordou ademais en votación ratificar o acordo tomado na Comisión de Desenvolvemento Estatutario con respecto á posibilidade de que o persoal investigador contratado en proxectos de investigación poida ter asignada docencia regrada. A maioría dos asistentes pronunciáronse en contra desta posibilidade, que a Comisión xustifica na “vulneración do principio de igualdade de oportunidades no acceso á carreira docente e outros principios legais e estatutarios relativos á organización da docencia universitaria”.

Por outra banda, este órgano máximo de goberno universitario apoiou a incorporación como membros natos de todos os docentes que sexan doutores aos seus respectivos consellos de departamento. A Comisión de Desenvolvemento Estatutaria era partidaria dunha restrición neste caso, pero prosperou un voto particular.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.12.2016.