Pasar al contenido principal

O #MercadoUniversitario, máis preto do alumnado

O #MercadoUniversitario, máis preto do alumnado
O #MercadoUniversitario, máis preto do alumnado

Cinco estudantes de cuarto curso de Xornalismo da USC acaban de pór en marcha unha iniciativa para achegar o Mercado de Abastos compostelán ao alumnado universitario.

A campaña #MercadoUniversitario pretende promocionar os beneficios de mercar na Praza de Abastos –“calidade, bo prezo e produtos da terra”– á vez que dar a coñecer entre a comunidade estudantil a existencia de descontos nalgúns dos seus postos para todos aqueles que presenten a tarxeta universitaria TUI.

Como parte das accións desta campaña promocional, baixo o lema ‘Comer da terra custa ben pouco’ cada martes e xoves publícanse na páxina de Facebook do Mercado de Abastos receitas elaboradas con produtos do mercado a un prezo baixo e dirixidas ao público máis novo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.12.2016.