Pasar al contenido principal

Analizan en Filoloxía as achegas máis recentes da ecocrítica e as humanidades medio ambientais

Analizan en Filoloxía as achegas máis recentes da ecocrítica e as humanidades medio ambientais
Analizan en Filoloxía as achegas máis recentes da ecocrítica e as humanidades medio ambientais

Persoal investigador das tres universidades galegas e de catro irlandesas así como poetas e artistas dos dous países daranse cita este xoves 15 en Filoloxía no Seminario Internacional Eco-Ficcións.

Entre o claustro de relatores destacan a escritora galega Marilar Aleixandre, recentemente elixida membro da Real Academia Galega; a poeta irlandesa Eiléan Ní Chuilleanáin, nomeada ‘Ireland Professor of Poetry’ polo presidente de Irlanda en 2016; e a artista especializada en música tradicional irlandesa Mary Mc Partlan, Fulbright Ireland Ambassador da National University of Ireland.

O encontro está organizado polo grupo de referencia competitiva ‘Discurso e Identidade’ que coordina Laura Lojo, o proxecto de investigación ‘Eco-Ficcións’ coordinado por Manuela Palacios e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC. Así mesmo, o seminario conta coa colaboración do ‘Irish Itinerary’ da Federación Europea de Asociacións e Centros de Estudos Irlandeses (EAFCIS).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.12.2016.