Pasar al contenido principal

Conmemoran o primeiro centenario da obra Curso de Lingüística Xeral de Ferdinand de Saussure

Conmemoran o primeiro centenario da obra Curso de Lingüística Xeral de Ferdinand de Saussure
Conmemoran o primeiro centenario da obra Curso de Lingüística Xeral de Ferdinand de Saussure

Cando se cumpren cen anos da publicación póstuma de Curso de Lingüística Xeral, alumnado da Facultade de Filoloxía da USC quere renderlle unha homenaxe ao seu autor, o lingüista Ferdinand de Saussure (Xenebra, 1857-1913).

Curso de Lingüística Xeral marcou un fito na investigación sobre a linguaxe e as linguas. Na obra conflúen liñas de investigación previas con novas propostas teórico-metodolóxicas e a partir da súa publicación desenvolvéronse as diferentes correntes estruturalistas que percorren a Lingüística do século XX.

O alumnado da área de Lingüística Xeral convida así a visitar dende este xoves ata o 22 de xaneiro unha exposición cos traballos elaborados nas titorías grupais da materia de Lingüística Xeral 1.

Ademais, en Twitter creouse a etiqueta #saussureenfiloloxia coa que dende o perfil USC Lingüísticase comparte información sobre o recoñecido lingüista e os aspectos máis relevantes da súa obra.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2016.