Pasar al contenido principal

O grupo TeXe colabora no concerto didáctico ‘Xogo de Pillabáns’

O grupo de investigación Terceira Xeración (TeXe) colaborou na organización do concerto didáctico ‘Xogo de Pillabáns’ unha iniciativa do quinteto de vento Zoar para xerar un espectáculo arredor da conmemoración do ano Cervantes. A proposta escénica presentada recentemente no Centro Galego de Arte Contemporánea inspirouse en Rinconete y Cortadillo e é unha proposta do compositor Óscar Navarro, nomeado aos premios Goya en 2014.

Arredor deste concerto, o grupo TeXe elaborou unha guía didáctica que define unha serie de actividades a través das que converter esta intervención musical e artística nun recurso da aula para rapaces de diversas idades.

Como se explica no propio documento, unha Guía Didáctica dun concerto didáctico é unha ferramenta que permite que o alumnado poida abordar, analizar e comprender dun xeito máis lúdico e divertido os coñecementos e experiencias que se desexen acadar co concerto mediante recursos didácticos, creativos e artísticos. A súa posta en práctica “ será o paso previo para que os rapaces e rapazas cheguen ao día do concerto coñecendo os instrumentos, as personaxes, o argumento da historia e a música que van escoitar” de xeito que “ cheguen ao auditorio coa ilusión de, por fin, ter a posibilidade de asistir a ese concerto do que xa levan tempo traballando na aula”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.12.2016.