Entrada de balde ao Museo de Historia Natural da USC este mércores

Con motivo do Día Internacional dos Museos, o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela abrirá as súas portas de balde este mércores 18 no seu horario habitual, de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas.
Tamén haberá visitas guiadas gratuítas para o público xeral en dúas quendas, a primeira ás 11.00 e a segunda ás 17.00 horas. A duración estimada destas visitas será de dúas horas, unha polas salas expositivas do museo e outra polo Parque de Vista Alegre, onde terá lugar un roteiro guiado.