Un curso en Muras analizará propostas de intervención arqueolóxica en castros e comunidades rurais

Os días 4 e 5 de xuño o local social do Concello de Muras (Lugo) será a sede do curso de verán ‘Arqueoloxía, castros e comunidades rurais. Propostas de investigación e intervención desde Muras’ que dirixen María Martín-Seijo e Josefa Rey Castiñeira.
A primeira xornada dedicarase á análise de novas achegas dende a interdisciplinariedade ao estudo da Idade do Ferro, para centrarse a segunda no estudo dos castros e comunidades rurais con varios casos concretos como Vilandonga, Castrolandín, Neixón, As Croas, Saceda ou Toiriz.