Pasar al contenido principal

Especialistas en cooperación, educación ou economía debaterán arredor do dereito á alimentación na axenda post-2015

Ao longo de tres xornadas, especialistas en cooperación internacional para o desenvolvemento, relacións económicas internacionais, política pública de cooperación, intervención socioeducativa, economía ou dereito debaterán no curso de verán sobre ‘ O dereito á alimentación na axenda post-2015: seguridade alimentaria, agricultura sostible e desenvolvemento rural’. Terá unha carga lectiva de 25 horas e vai celebrar na Facultade e Ciencias Políticas e Sociais entre os días 14 e 16 baixo a dirección de Irene Rodríguez Manzano.

Cada unha das xornadas estará dedicada a unha serie de bloques temáticos que arrancarán o día 14 dedicados á axenda post-2015 e a cooperación internacional para o desenvolvemento, continuando cunha serie de intervencións e mesas de debate sobre alimentación e agricultura para un desenvolvemento sustentable e que concluirán o día 16 falando sobre a práctica da cooperación para o desenvolvemento e as funcións da educación. Ademais na derradeira xornada terá lugar unha sesión de traballo sobre o terreo coa visita a un proxecto agroecolóxico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.05.2016.