Pasar al contenido principal

A pequena historia do cuarteto de corda, novo ciclo no Paraninfo

A pequena historia do cuarteto de corda, novo ciclo no Paraninfo
A pequena historia do cuarteto de corda, novo ciclo no Paraninfo

Con obras de Beethoven, Brahms, Haydn, Bartók, Turina, Shostakovich e Britten, a Universidade de Santiago fará un repaso á historia do cuarteto de corda nun ciclo que comeza este luns 30 e que constará de tres concertos, todos ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade con entrada libre.

No primeiro, o do luns 30 de maio, os violinistas Anca Smeu e Grigori Nedobora, a viola Timur Sadykov e a violonchelista Ailsa Lewin interpretarán obras de Beethoven e Brahms.

O ciclo ‘Pequena historia do cuarteo de corda’ continuará o 13 de xuño coa actuación da formación composta polos violinistas Jorge Montes Martínez e Roberto Santamarina Fernández, a viola María José Pámpano López e o violonchelista Carlos García Amigo, que interpretarán As sete últimas palabras de Cristo na Cruz Op. 51 de Joseph Haydn.

Por último, o martes 21 soarán no Paraninfo obras de Béla Bartók, Joaquín Turina, Dimitri Shostakovich e Benjamin Britten da man dos violíns Ildikó Oltai e Irina Gruia, a viola Ioanna Ciobotaru e o violonchelo Millán Abeledo Malheiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.05.2016.