A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC ten en marcha o seu concurso de Nadal de relato curto ilustrado

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC organiza este Nadal por segundo ano consecutivo o seu concurso de relatos curtos ilustrados, nesta ocasión centrado no Ano Internacional dos Legumes, planta que deberá ser o eixo temático dos textos.
O certame, con catro categorías en función da idade –de 5 a 8 anos, de 9 a 13, de 14 a 17 e a partir de 18–, establece como data límite para a entrega de traballos o vindeiro 10 de xaneiro. As persoas gañadoras levarán como premio unha cámara tipo GoPro.
Acordos da asociación
Na última asemblea xeral da asociación decidiuse repetir a actividade de observación de morcegos ‘Escoitando o que non se escoita’ noutras dúas ocasións, primavera e setembro, para poder atender á gran demanda da pasada edición. Estas actividades serán gratuítas para os seus socios, mentres que os non socios deberán pagar unha cota.