Pasar al contenido principal

Rematou o curso de innovación Akademia Project

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, asistiu este martes no Edificio Emprendia á clausura do curso de innovación Akademia Project da Fundación da Innovación Bankinter. No acto participaron tamén o director da fundación, Sergio Martínez-Cava Camacho, e a directora do proxecto Akademia, Lara García de Vinuesa.

O obxectivo do proxecto Akademia , creado en 2006 pola Fundación Innovación Bankinter, é influír na educación e actitude innovadora dos líderes do futuro motivándoos para asumir de maneira protagonista o reto do cambio. O curso gratuíto Innovación 360º diríxese a estudantes de último ano de carreira, de máster e doutoramento, aos que se lles ofrece una formación complementaria altamente valorada por empresas e institucións. Nesta edición participaron 30 estudantes da USC, e actualmente está funcionando en 11 universidades de España.

Segundo manifestou o reitor na clausura, o curso encaixa perfectamente na estratexia da USC, porque “concordamos co obxectivo de Akademia Bankinter de estimular unha actitude proactiva fronte á innovación e na necesidade de espertar o espírito emprendedor dende idades temperás”. “Á vez, –e ngadiu– concordamos nesa visión da innovación, que se transmite no programa de Akademia, como un fenómeno global baseado en experiencias que acontecen en todo o mundo”.

Viaño lembrou ademais que en 2015 na USC se xestionaron 57 novas solicitudes de patentes (16 prioritarias e 41 extensións internacionais), se asinaron 47 acordos de transferencia de resultados con empresas e se constituíron 6 novas empresas xurdidas da investigación da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2016.