Pasar al contenido principal

Aberta a inscrición no curso gratuíto coMprende, dirixido a mulleres universitarias emprendedoras

Aberta a inscrición no curso gratuíto coMprende, dirixido a mulleres universitarias emprendedoras
Aberta a inscrición no curso gratuíto coMprende, dirixido a mulleres universitarias emprendedoras

Coa fin de mellorar a ratio de intención e participación da muller na actividade emprendedora, a Universidade de Santiago organiza para mediados deste mes o programa formativo gratuíto ‘coMprende. Competencias necesarias para o Emprendemento das Mulleres'. A inscrición remata o 16 de maio.

O curso, dirixido a mulleres universitarias emprendedoras, ten como obxectivo desenvolver as competencias necesarias para o emprendemento aumentando a confianza das participantes e mellorando as posibilidades de éxito no inicio e desenvolvemento dun negocio.

O programa formativo pretende fomentar, a través do asesoramento profesional, o desenvolvemento de actuacións específicas de orientación e apoio a mulleres universitarias que contribúan a corrixir o marcado desequilibrio de xénero existente no seno destas institucións académicas, facilitando a súa incorporación e permanencia na actividade empresarial.

O curso, a realizar entre o 17 de maio e o luns 13 de xuño, enmárcase en Innovatia 8.3, proxecto froito da colaboración da USC, a través de UNIEMPRENDE e de WomanEmprende, co Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.05.2016.