Pasar al contenido principal

A profesora Elena Vázquez explica en institutos galegos a súa experiencia como matemática

A profesora Elena Vázquez explica en institutos galegos a súa experiencia como matemática
A profesora Elena Vázquez explica en institutos galegos a súa experiencia como matemática
Nos Obradoiros de Programación Creativa en Igualdade

Os nenos e nenas dos institutos de educación secundaria de Arzúa, Chano Piñeiro de Forcarei, Agra de Leorís de Laracha e As Bizocas do Grove teñen estes días a oportunidade de asistir a un taller creativo que imparte a tecnóloga e profesora da USC Elena Vázquez Cendón, á súa vez coordinadora do programa de estímulo do talento matemático Estalmat-Galicia.

Nestes encontros prácticos a docente da USC móstralles conceptos básicos de programación nunha experiencia didáctica e divertida na que tamén poderán coñecer unha ferramenta coa que experimentar e desenvolver os seus propios xogos e aplicacións.

Ademais, a profesora Vázquez Cendón ensínalles cómo a resolución dun problema local nas rías galegas permitiu desenvolver en colaboración con investigadores da UDC e a UPC un software que se emprega en todo o mundo para cuestións medioambientais en simulación de correntes de marea e estudos de zonas anegadas pola auga.

Estes Obradoiros de Programación Creativa en Igualdade son froito da colaboración entre o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e a Secretaría Xeral da Igualdade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.05.2016.