A USC conmemora este venres o Día das Letras Galegas cun acto literario
A USC súmase un ano máis á conmemoración do Día das Letras Galegas coa celebración este venres 13 dun acto literario no que se presentará o volume dedicado ao poeta Manuel María. A obra recolle dous cadernos e nove debuxos inéditos que “mostran o traballo artesán dos seus versos, manuscritos, mecanoscritos, encadernacións e debuxos”, apunta na introdución a profesora de Literatura Galega Carmen Blanco.
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca a partir das 12.00 horas, o reitor Juan Viaño presidirá este acto literario no que a profesora Carmen Blanco García pronunciará a conferencia ‘Será o amor a luz do mundo’.