Pasar al contenido principal

O VI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil reúne no Campus Terra 100 escolares de Galicia, Cataluña e Estremadura

Cartaz do O VI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil
Cartaz do O VI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil
O programa, organizado por Ucetag e a Fundación Barrié, celebrará a sesións programadas ata este sábado a Facultade de Ciencias do Campus Terra

O VI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, un programa impulsado pola Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado (Ucetag) en colaboración coa Fundación Barrié, cita desde este xoves 12 ata o sábado 14 de maio na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC un centenar de estudantes de ensino secundario de diversos centros educativos de Galicia, Estremadura e Cataluña.

Os obxectivos deste programa, que nesta edición ten por lema ‘Sigamos contaxiando a ilusión por investigar’, pasan por promover a investigación entre o alumnado, empregando a aula, o laboratorio, o entorno e os medios materiais axeitados para adquirir as competencias básicas fundamentais e motivar ao alumnado no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas… A divulgación desta experiencia científica ao resto da comunidade escolar, en aras a que se sume este tipo de actividades, e a potenciación do traballo de investigación en grupo, constitúen outros dos cometidos dun foro aberto á participación de estudantes dos dous últimos cursos da ESO e profesorado de ensino secundario e en cuxa organización tamén colabora a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través da súa subdirección Xeral de Economía Social e o proxecto Glu-ON, que promove a creación dunha Rede de clubs de ciencia galegos entre outras actividades. O VI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, que arrancará este xoves, a partir das 16.00 horas, cun acto inaugural no salón de actos da Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC, antóllase como un espazo de intercambio de experiencias e coñecementos de asistencia libre e gratuíta para todas as persoas interesadas. Daquela, se algún centro de ensino ten interese en que o seu alumnado asista a calquera das actividades programadas soamente ten que confirmar a súa presenza con antelación a través do número de teléfono 986 866 149 ou no enderezo de correo electrónico info [at] ucetag.org (info[at]ucetag[dot]org).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2016.