Pasar al contenido principal

Coloquio arredor da figura de Manuel María no Lugo dos anos 70 na Casa do Saber co gallo do Día das Letras Galegas

Cartaz da sesión conmemorativa do Día das Letras Galegas 2016
Cartaz da sesión conmemorativa do Día das Letras Galegas 2016
Manuel Lourenzo e Camilo F. Valdehorras participarán este venres, a partir das 20.00 horas, na sesión, organizada pola Asociación IV Ciclo Universitario do campus de Lugo

A Asociación do IV Ciclo Universitario do campus de Lugo e o Club Cultural Valle Inclán celebran este venres, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, a mesa de debate ‘Arredor de Manuel María: Política Cultura e Teatro no Lugo dos anos 70’. O coloquio, organizado co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, unha efeméride que na súa edición de 2016 rende homenaxe ao poeta chairego, contará como relatores co mestre e dramaturgo Manuel Lourenzo e co filólogo e profesor da Universidade de Barcelona Camilo Fernández Valdehorras.

O teatro galego na década dos anos 70 do pasado século XX centrará a temática da intervención de Manuel Lourenzo, mentres que a exposición Fernández Valdehorras desenvolverase baixo o título ‘OLugo do Trebón de Manuel María e as catro navallas da súa dramaturxia literaria’. Este acto conmemorativo da celebración do Día das Letras Galegas 2016, unha sesión de entrada libre e de balde para todas as persoas interesadas, contará tamén coa participación de Xosé Lois Rivas Cruz ‘Mini’, quen, unha vez rematadas as intervencións dos dous relatores, interpretará algúns dos poemas incluídos na obra ‘Unha vez foi o trebón’, unha peza dirixida por Camilo Fernández Valdehorras.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2016.