Pasar al contenido principal

O Coro da Universidade Nacional del Litoral interpreta na Igrexa un completo repertorio de obras arxentinas de todos os tempos

O Coro da Universidade Nacional del Litoral interpreta na Igrexa un completo repertorio de obras arxentinas de todos os tempos
O Coro da Universidade Nacional del Litoral interpreta na Igrexa un completo repertorio de obras arxentinas de todos os tempos

De xira por Europa, o Coro da Universidade Nacional del Litoral (Arxentina) fará unha parada en Santiago este martes 11 para ofrecer un concerto no que repasará temas populares dos pobos americanos xunto a grandes obras que conforman o repertorio coral universal de todos os tempos. A cita, de entrada libre, será ás 20.30 na Igrexa da Universidade.

O Coro da Universidade Nacional del Litoral que dirixe Jorge Céspedes creouse en 1975 no Instituto Superior de Música desa institución. Hoxe conta con preto de 50 voces. Esta sería a súa terceira xira por Europa, que se suma á realizada por Brasil ou ás varias nacionais entrte as que destaca a de 2005 cando celebraron os seus 30 anos de existencia.

No campo sinfónico-coral, a formación presentouse coas Sinfónicas de Santa Fe, Mendoza e Entre Ríos baixo as direccións dos mestres Reinaldo Zemba, Manuel Prestamo, Luis Gorelik, Jorge Chiappero Favre, Carlos Cuesta, Germán Cáceres e Manuel Marina en obras como A Creación de J. Haydn; Misa en Do Maior e 9ª. Sinfonía de Beethoven; Salmo 150 de César Frank; Carmina Burana de Carl Orff; Cantata Martín Fierro, de Juan José Castro; Danzas Polovtsianas de Borodin; e Requiem de Mozart, entre outras.

O coro tivo tamén as súas incursións no xénero operístico, con participación –baixo a dirección de Guillermo Bonnet Muller e Víctor Falkenmeyer– en La Flauta Mágica de Mozart; e La Traviata, Rigoletto e Aída de Verdi.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2016.