Pasar al contenido principal

Medicina celebrou a festividade do seu patrón San Lucas

Medicina celebrou a festividade do seu patrón San Lucas
Medicina celebrou a festividade do seu patrón San Lucas

A Facultade de Medicina celebrou este luns 17 a festividade do seu patrón San Lucas nun acto académico no Salón de Actos do centro que presidiu o reitor Juan Viaño, quen deixou constancia da intención da USC por “dar pasos firmes cara a construción dun novo modelo de formación de profesionais da Medicina”. No cumprimento desta meta, “o primeiro e fundamental paso xa está dado, co acordo de todas as partes para facer un novo complexo docente ao carón do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e co acordo de colaboración das universidades galegas e dos hospitais universitarios de Galicia na docencia clínica”. Nesta mesma liña, o reitor tamén lembrou que se ten iniciado unha análise “pormenorizada e rigorosa do persoal docente que se precisa para este novo modelo” que “nos permitirá cubrir todas as necesidades, tanto as urxentes como as máis importantes a medio prazo”.

Neste proxecto colectivo, o reitor destacou a importancia das decisións adoptadas dende a comunidade universitaria da facultade, o goberno universitario e o autonómico. Da comunidade do centro agárdese sexan quen de “demostrar ante toda a sociedade que merece a pena ter unha nova facultade e dimensionar a súa dotación docente para un novo tempo que vai supoñer un importante avance na calidade de vida de todos nós”. Respecto do equipo de goberno da USC dixo “debe comprender e avaliar as necesidades precisas para que todo o proxecto, o do novo Complexo pero tamén o do novo modelo docente e investigador, sexa unha realidade no prazo establecido”. Do goberno autonómico, agarda que coincida ”con esta diagnose e aposte por este cambio que iniciamos agora achegando recursos e axudando nas solucións que precisamos en cada momento”. Pechando a súa intervención, vaticinou que este é “un proxecto formativo, investigador e arquitectónico que vai supoñer un antes e un despois na formación dos médicos e das médicas de Galicia”.

Na mesa presidencial tamén participaron os conselleiros de Sanidade e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Almuiña e Román Rodríguez González, respectivamente; o decano do centro, Juan Gestal; o xerente do Hospital Clínico Universitario, Luis Verde; e o presidente do Colexio de Médicos da Coruña, Luciano Vidán Martínez. O profesor José Castillo foi o encargado de pronunciar a lección maxistral da xornada, titulada ‘O SERGAS e a Facultade de Medicina de Santiago’.

No acto entregáronse igualmente placas honoríficas da Facultade a destacadas personalidades do Servizo Galego de Saúde, en nome de quen tomou a palabra o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaria, para agradecer a honra. A continuación entregouse un diploma de recoñecemento da Facultade á Tuna de Medicina con motivo do seu trinta aniversario.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.10.2016.