Pasar al contenido principal

Técnicos da Rede Eures guían unha sesión informativa sobre oferta de emprego en Alemaña na Biblioteca Intercentros

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
A xornada, aberta a toda a comunidade universitaria e promovida desde a Área de Orientación Laboral da USC, desenvolverase o luns 24, ás 10.00 horas

A Área de Orientación Laboral do campus de Lugo, depedente da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, celebra o vindeiro luns 24 de outubro, na Aula Universia da Biblioteca Intercentros, unha xornada informativa sobre as condicións de vida e de traballo en Alemaña.

A técnica do servizo de orientación laboral da USC no Campus Terra, Gloria Cruz, será a encargada de abrir esta sesión, que é de asistencia libre e gratuíta para toda a comunidade universitaria, aínda que con previa inscrición a través do envío dun mail ao enderezo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es). De na que intervirán como relatores dous técnicos do servizo de emprego público alemán pertencentes á Rede European Employement Services (Eures). Os dous representantes alemáns da Rede Eures convidados a participar como relatores nesta xornada falarán da oferta de emprego no seu país e das condicións de vida e de traballo no mesmo. As persoas asistentes que estean interesadas en buscar alternativas de inserción laboral en Alemaña tamén poderán entregarlles o seu currículo e incluso terán a oportunidade de participar nunha entrevista de selección de persoal.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2016.