Foro sobre coordinación do Catastro co Notariado e o Rexistro da Propiedade este venres, na Escola Politécnica Superior
A coordinación do Catastro co Notariado e o Rexistro da Propiedade segundo a lei 13/2015 e a xeración de ficheiros GML centra esta tarde, a partir das 16.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, unha xornada promovida polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo.
A notaria Patricia Posse Paz abrirá ás 16.15 horas a quenda de intervencións neste foro, no que tamén intervirán a rexistradora da propiedade de Vilalba María Teresa Touriñán Morandeira e o xefe de área de inspección na xerencia territorial de Lugo da dirección xeral do Catastro, Carlos Eduardo Vila Pillado. O enxeñeiro técnico agrícola e profesor da Universidade de Sevilla Antonio Miguel Pérez Romero pechará a quenda de intervencións neste foro cunha exposición sobre a xeración e validación de ficheiros GML, trala que se abrirá un debate entre os asistentes.