Homenaxean a Eugenio Montero Ríos coa presentación dun libro no centenario do seu pasamento
O Paraninfo da Universidade acollerá este martes 4 a presentación do libro Eugenio Montero Ríos . Homenaxe da cidade de Santiago de Compostela no centenario do seu pasamento: 1914-2014.
No acto, que presidirá o reitor Juan Viaño as partir das 20.00 horas, estarán presentes o alcalde da cidade, Martiño Noriega; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González; o vicepresidente do Ateneo de Santiago, Manuel López-Rivadulla; o vicepresidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago, José Luis Rodríguez; o presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País, Juan B. de la Salle; e o decano do Colexio compostelán de Avogados, Evaristo Nogueira.
A publicación pecha os actos do ciclo ‘Eugenio Montero Ríos: a Compostela do seu tempo’ organizado conxuntamente pola USC, o Ateneo de Santiago, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación e o Colexio de Avogados de Santiago, coa colaboración do Concello compostelán e a Deputación da Coruña.