Pasar al contenido principal

Acto en memoria de Fernando Baltar Tojo

A Facultade de Medicina celebra este martes 4 un acto en memoria de Fernando Baltar Tojo (1937-2010) que, coincidindo co sexto aniversario do seu pasamento, terá lugar ás 19:30 horas no Salón de Graos.

No transcurso da cerimonia, a familia fará entrega á Facultade da súa tese de doutoramento, Considerazion i sulla Síndrome de Munchmeyer, realizada en 1963 na Facultade de Medicina da Universidade de Bolonia como Colexial do Real Colexio Maior de San Clemente dos Españois.

No acto intervirán Fernando Ponte Hernando que glosará a saga Baltar e a figura do doutor Fernando Baltar Tojo; o profesor Enrique Jiménez, que falará sobre o Real Colexio Maior de San Clemente dos Españois; Ángel Baltar Martínez de la Riva, que comentará a tese do doutor Fernando Baltar Tojo, centrándose nos aspectos traumatolóxicos do Sindrome de Munchmeyer; e o profesor Ángel Carracedo que falará sobre os aspectos xenéticos do Sindrome de Muchmeyer. Pecha o acto o decano da facultade, Juan Gestal.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.10.2016.