Pasar al contenido principal

A Fundación USC Deportiva inicia este xoves o desenvolvemento de novas rutas ‘Camiño ao Gaiás’

A Fundación USC Deportiva inicia este xoves o desenvolvemento de novas rutas ‘Camiño ao Gaiás’
A Fundación USC Deportiva inicia este xoves o desenvolvemento de novas rutas ‘Camiño ao Gaiás’

A Fundación USC Deportiva volve participar no programa Verán no Gaiás organizando unha nova edición de Camiño ao Gaiás, unha iniciativa que se desenvolve a partir do próximo 2 de xullo e que contará con once roteiros a celebrar todos os xoves do verán ata o 10 de setembro. A actividade repetirase ininterrompidamente cun percorrido de 3,5 quilómetros que comezará ás 17.15 horas con saída dende o Museo do Pobo Galego. Para participar neste itinerario gratuíto é necesario inscribirse previamente a través do formulario dispoñible na web da Fundación USC Deportiva. A inscrición pode realizarse ata ás 14.00 horas do mesmo día da ruta. O traxecto discorre pola rúa de San Domingos de Bonaval, a rúa San Pedro, o parque e convento de Belvís e o Seminario Menor para logo continuar ata o Museo Centro Gaiás onde está prevista unha visita guiada á exposición ‘Camiño. A orixe’, unha mostra onde se ofrece unha visión contemporánea da ruta xacobea.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.06.2015.