Conmemoran en Medicina os 120 anos do Colexio Oficial de Médicos da Coruña
A USC e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña inauguran este martes, 1 de decembro, a exposición ‘120 anos de medicina’. O acto, que terá lugar ás 12.00 horas no Claustro baixo da Facultade de Medicina, contará coa presenza do vicerreitor de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador, Luís Lima; o decano do centro, Juan Gestal; o presidente do Colexio, Luciano Vidán, e o comisario da mostra, Ricardo Gurriarán.
A montaxe, que se inaugurou en xullo na cidade da Coruña, pon en valor os aspectos sanitarios máis relevantes desde finais do XIX en que naceu o Colexio (1894) tanto no eido informativo como asistencial e de infraestruturas, ademais de salientar as principais figuras médicas que xogaron un papel fundamental na historia da medicina na provincia.