A Aula de Teatro estrea a súa nova produción Cinzas

Cinzas, a nova produción da Aula de Teatro da USC para este curso 2015-2016, estrearase esta semana con dúas funcións previstas para este martes 1 e para o mércores 2 de decembro a partir das 21.00 horas. Cinzas é unha proposta creada a partir de diversos textos de Rodrigo García.
Ambas funcións serán de entrada libre, previo paso polo despacho de entradas que estará aberto dende as 19.00 horas e onde se poderán retirar ata un máximo de dúas entradas por persoa.