Pasar al contenido principal

Estudantes de ensino medio participan este xoves no programa Encontros no campus de Lugo

Estudantes de ensino medio procedentes de distintos centros educativos da provincia de Lugo visitan este xoves os distintos centros universitarios da USC radicados no campus lugués a través do programa Encontros no campus de Lugo, unha iniciativa orientada a dar a coñecer a oferta de estudos e servizos da USC nesta sede universitaria a estudantes preuniversitarios.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, dará a benvida ao estudantado visitante nun acto que se desenvolverá, a partir das 11.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior, e durante o que o coordinador de ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’ no campus de Lugo, Francisco Javier López González, fará unha presentación xeral do campus lugués. Unha vez rematada esta sesión, os escolares, distribuídos en grupos en función das súas preferencias e acompañados de estudantes e profesores universitarios, completarán itinerarios de visitas ás distintas facultades e escolas do campus de Lugo, ademais de facer un percorrido polas instalacións da Biblioteca Intercentros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2015.