Pasar al contenido principal

Rodríguez Fer presenta este martes no Salón da Edición e do Libro de Casablanca a obra ‘Valente vital (Xenebra, Saboia, París)’

O director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC, o profesor, poeta e ensaísta Claudio Rodríguez Fer, presentará este martes 17 de febreiro o volume ‘Valente vital (Xenebra, Saboia, París’, no Salón Internacional da Edición e do Libro de Casablanca.

A directora do Instituto de Estudos Hispano-Lusos Fatiha Benlabbah, quen tamén é tradutora dos textos de Valente ao árabe, acompañará a Rodríguez Fer na presentación do seu libro, no marco dun acto organizado en colaboración coa Embaixada de España en Rabat e o Instituto Cervantes que se desenvolverá o 17 de febreiro, a partir das 16.30 horas, no stand de España do Salón Internacional da Edición e do Libro de Casablanca.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.02.2015.