Pasar al contenido principal

O Consello de Goberno da USC reúnese este mércores

O Consello de Goberno da USC reúnese este mércores 4 en sesión ordinaria para tratar numerosas cuestións relacionadas principalmente con PDI e organización académica. A xuntanza terá lugar ás 9.30 horas (10.00 en segunda convocatoria) no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. No tocante a PDI, a orde do día contempla puntos como os complementos retributivos autonómicos de 2014, a avaliación da actividade investigadora de PDI contratado, a modificación da normativa sobre o criterio de antigüidade para efectos internos na USC, a integración de docentes TEU ao corpo de Titulares de Universidade e a planificación de actuación en materia de PDI en 2015. A xuntanza continuará tratando asuntos relacionados coa organización académica como o calendario e criterios para modificar/verificar títulos de grao e máster e programas de doutoramento para o curso 2016-17, o regulamento de estudos propios de posgrao e cursos de formación continua ou a proposta inicial de límite de prazas en másteres e doutoramentos para o próximo curso.

Ademais, someterase a aprobación o recoñecemento da lingua de signos como créditos e debaterase sobre o Plan de Prevención de Riscos Laborais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.02.2015.