Pasar al contenido principal

Convócanse dúas bolsas de colaboración para estudantes no Servizo de Relacións Exteriores en Santiago

A Universidade de Santiago convoca dúas bolsas para que estudantes colaboren, compatibilizándoo cos seus estudos, nas tarefas que se levan a cabo no Servizo de Relacións Exteriores en Santiago. En concreto, colaborarase na atención ao estudantado propio e estranxeiro que participa en programas de intercambio. Con estas bolsas, dunha duración dun ano (20 horas semanais) a razón de 500 euros por mes, preténdese que as persoas beneficiarias se inicie en tarefas que estean vinculadas aos estudos que cursa ou que lle sirvan de aprendizaxe laboral, á vez que se forman no ámbito da cooperación internacional. O prazo de solicitudes remata o 23 de febreiro e á convocatoria pode presentarse calquera estudante matriculado este curso nunha titulación oficial e que acredite un nivel mínimo de coñecemento da lingua inglesa equivalente a B2.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.02.2015.